Concello de Ames

Logotipo Concello de Ames

Menú [Saltar]

un paso máis



Somos ames

Un ano máis o acordo facilitará o desenvolvemento de varias actividades nun espazo cercano para os amienses

Renóvase o convenio co IES de Ames para usar as súas instalacións fóra do horario escolar

[09/03/2010] O goberno municipal acordou, en Xunta de Goberno local, aprobar de novo o convenio de colaboración co IES de Ames para usar as súas instalacións fóra do seu horario lectivo. O convenio recolle unha compensación económica de 19.000 euros a este centro educativo para sufragar os gastos que lle ocasionen ás actividades programadas ata o mes de outubro deste ano 2010. Eses gastos corresponderanse cos que non son imputables ao seu funcionamento normal, tales como luz, calefacción, auga ou os honorarios do conserxe que abre o centro durante esas horas.


Cartel do V Certame do Millarock

Xa podes enviar a túa maqueta para participar no V Certame Millarock

[09/03/2010] O Concello de Ames pon en marcha o V Certame do Millarock. Este concurso ten como obxectivo seleccionar a unha nova banda que participe no festival Millarock o próximo 30 de xullo. Os candidatos deben cumprir os requisitos das bases e enviar a súa maqueta antes do 17 de abril. A resolución publicarase o próximo 1 de xuño e o gañador recibirá un premio de 1.000 euros e a posibilidade de actuar diante do público amiense no Millarock 2010.


Momento no que os nenos e nenas do CEIP A Maía entran no colexio

O CEIP Bispo Guerra Campos cambia a súa denominación

[09/03/2010] A proposta presentada polo consello escolar do colexio de educación infantil e primaria de Bertamiráns saíu adiante e cambiase a denominación deste centro de ensino, pasando de "Bispo Guerra Campos" a "A Maía". Esta proposta tivo que ser aprobada primeiro polo Concello de Ames e posteriormente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O antigo colexio Bispo Guerra Campos comezou a funcionar o 10 de outubro de 1972.


Momento no que se realizou unha das intervención co alumnado do IES de Ames

Rematan as intervencións do programa de inserción xuvenil no IES de Ames

[08/03/2010] O programa de inserción social e laboral da mocidade en risco de exclusión social xurdiu co fin de axudar á xuventude a loitar contra o desamparo e o risco de exclusión social. As sesións leváronse a cabo no IES Ames e no IES Eduardo Pondal con diversos grupos de mozos e mozas do municipio. Esta mañá remataron de xeito satisfactorio todas as intervencións que se desenvolveron no instituto de Ames, mentres que no IES Eduardo Pondal rematarán o vindeiro 24 de marzo.



Enquisa

¿Consideras suficientes as actividades que se organizan para a mocidade?




Ver resultados














© Concello de Ames

Valid XHTML 1.0! Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI