Solapas principales

Arredor de 170 persoas se inscribiron na terceira edición das Xornadas de Saúde Mental

Lunes, 06 de mayo de 2024

O venres 3 e mailo sábado 4 de maio celebráronse as III Xornadas de Saúde Mental, que nesta terceira edición trataron sobre a saúde mental infantoxuvenil no ámbito educativo. As xornadas estiveron dirixidas ás persoas interesadas no benestar psicolóxico e a profesionais de todos os sectores e contaron cunha mesa redonda, dúas conferencias e dous talleres prácticos. Ditas xornadas espertaron o interese dun gran número de persoas. Este ano duplicouse a inscrición de forma presencial respecto da edición de 2022. Este ano inscribíronse arredor de 170 persoas, mentres que na edición do ano pasado participaron 80 persoas de forma presencia e outras 76 por streaming. No acto de apertura participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, e outros/as concelleiros/as da Corporación municipal.

 A terceira edición das xornadas de saúde mental comezou o venres, 3 de maio, ás 16.30 horas, cunha mesa de apertura institucional, na que participaron o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís. Nesta edición as xornadas centráronse na saúde mental infantoxuvenil no ámbito educativo. Trátase dun proxecto que deu comezo fai dous anos coa celebración dun evento que xirou arredor do benestar emocional das crianzas e da rapazada.

O alcalde de Ames, Blas García, dixo estar “moi satisfeito de darlle continuidade a esta iniciativa por terceiro ano consecutivo, centrándonos desta volta en responder ás necesidades transversais da comunidade educativa”.

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, sinalou que “estas xornadas serven para desmitificar a saúde mental e normalizar o feito de acudir a un psicólogo para pedir axuda”. Ademais, “tamén proporcionan ferramentas para que as familias e os rapaces entendan o que lles ocorre no seu día a día”.

Ditas xornadas, desenvolvéronse o venres 3 e mailo sábado 4 de maio, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Estiveron dirixidas a profesionais que traballan con nenos e rapaces (persoal sanitario, de servizos sociais, equipos de prevención...) pero tamén ás familias e a todas aquelas persoas interesadas no benestar psicolóxico.

As III Xornadas de Saúde Mental contaron cunha mesa redonda, dúas conferencias, dous talleres prácticos e un foro, que trataron sobre temas diversos como a relación dos adolescentes coas pantallas, o benestar emocional nas aulas ou a prevención da violencia no ámbito escolar. As charlas desenvolvéronse en horario de mañá, mentres que os obradoiros impartíronse polas tardes.

Programación da xornadas
O programa deu comezo o venres, 3 de maio, arredor das 16:30 horas, coa apertura e a recepción da documentación. Unha vez inaugurada a xornada impartiuse o primeiro obradoiro, “Estímame, estímome, estímote”, sobre como acompañar o benestar emocional e a saúde mental nas aulas. Foi impartido polo equipo do Instituto da Infancia e Adolescencia de Barcelona.

A continuación, tras unha pausa de descanso activo e aperitivo saudable, ás 19:00 horas desenvolveuse o segundo obradoiro, titulado “Pantallas, móbiles e adolescencias”. Estivo impartido por José Ramón Ubieto, psicólogo clínico membro da Asociación Mundial de Psicanálise e colaborador docente da Universitat Oberta de Catalunya, a Universidade de Barcelona e a Universitat Ramón Llul.

O sábado, 4 de maio, as actividades desenvolvéronse en horario de mañá, a partir das 9:30 horas. A primeira delas foi a conferencia “Construíndo contornas escolares seguras: estratexias para previr e abordar a violencia”, impartida po Mario Izcovich, psicólogo e psicanalista membro da Asociación Mundial de Psicanálise. Arredor das 11:00 horas comezou a segunda conferencia, baixo o título “Adolescencias: do frenesí á vertixe. Como acompañar?”, que contou de novo coa presenza do psicólogo clínico José Ramón Ubieto.

Despois dunha breve pausa, a terceira edición das Xornadas de Saúde Mental pecháronse coa representación teatral “¿Y si te pasara a ti?", a cargo da compañía PSIARE, unha formación que naceu da unión da psicoloxía, a arte e a educación para o desenvolvemento persoal e social. Fundada en 2009 por Gabriela Lafuente e Javier Casado, busca crear espazos para poder compartir ideas, experiencias e emocións que xeran benestar físico, psíquico e emocional nas persoas participantes.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Las Xornadas de Saúde Mental de Ames aportan claves para ayudar a niños y adolescentes"

El Correo Gallego: "Las terceras Xornadas de Saúde Mental de Ames se centran en los jóvenes y duplican la asistencia"

 Arredor de 170 persoas se inscribiron na terceira edición das Xornadas de Saúde Mental

Multimedia

  •  Arredor de 170 persoas se inscribiron na terceira edición das Xornadas de Saúde Mental