Solapas principales

A contorna do paseo fluvial de Bertamiráns acolleu a III Carreira de Orientación do Concello de Ames

Lunes, 06 de mayo de 2024

A Concellería de Deportes, a través de Xesta Natureza, organizou este domingo, 5 de maio, a terceira edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que se desenvolveu na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns a partir das 11:00 horas. O evento, no que se inscribiron 278 participantes, contou con tres categorías de menor a maior dificultade (“Xestiñas”, “Xestas” e “Xesteiras”), nas que puideron participar deportistas de todos os niveis e idades. Premendo nesta ligazón pódese consultar a clasificación da carreira.

 O paseo fluvial de Bertamiráns serviu este domingo, 5 de maio, como escenario para a terceira carreira de orientación do Concello de Ames, que organizou a Concellaría de Deportes, a través da entidade Xesta Natureza. A proba, na que se inscribiron 278 persoas, desenvolveuse a partir das 11:00 horas.

A carreira contou con tres categorías. A categoría “Xestiñas” era a máis sinxela física e tecnicamente, e contou cun percorrido por debaixo dos 3 quilómetros. Na categoría “Xestas”, a de dificultade intermedia, non se superaron os 4 quilómetros, e participaron tanto adultos como crianzas con coñecementos previos sobre a orientación. Por último, a categoría de maior dificultade, “Xesteiras”, foi unha proba máis esixente a nivel físico, cun circuíto de máis de 5 quilómetros, e que requiriu de experiencia na disciplina.

Unha carreira de orientación é unha competición individual, campo a través e cronometrada, na que hai que completar un percorrido no menor tempo posible, pasando por puntos determinados no terreo ou balizas. Nesta ocasión, as persoas participantes contaron cunha tarxeta electrónica para ir rexistrando o seu paso polas balizas do percorrido, que se debían completar en orde.

Ademais, as saídas foron graduadas no tempo, polo que non comezaron a proba en ningún momento dúas persoas ou grupos á vez. Ao rematar a proba, puidéronse consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código QR impreso no propio mapa da actividade.

 A contorna do paseo fluvial de Bertamiráns acolleu a III Carreira de Orientación do Concello de Ames

Multimedia

  •  A contorna do paseo fluvial de Bertamiráns acolleu a III Carreira de Orientación do Concello de Ames